ConcellosÚltima hora

O Concello de Viana dita un bando cunha serie de medidas sobre o subministro de auga nos domicilios

Dende o Concello de Viana do Bolo vén de emitirse un bando informativo relativo ao subministro de auga nos domicilios deste municipio. “Dito bando atañe a poboación na que o subministro está feito pola concesionaria do servizo de augas VIAQUA”, tal e como se matiza no texto do mesmo.
“Infórmaselles aos usuarios do servizo que, con motivo das medidas adoptadas na declaración do estado de alarma polo Covid-19, a empresa VIAQUA, caso de prolongarse esta situación, adoptará as seguintes medidas:

1.- Non se realizará a lectura dos contadores, procedéndose á estimación dos consumos ata poder obter a lectura real e normalizándose os mesmos por exceso ou defecto nas seguintes facturacións.
2.- Amplíase o pago das facturas cunha mora de 30 días no período voluntario.
3.- Durante toda a vixencia do estado de alarma, non se realizarán interrupcións do subministro por falta de pagamento, en ningún caso”, tal e como sinala o alcalde, Secundino Fernández.

Artigos relacionados

Back to top button