ConcellosÚltima horaViana do Bolo

O Concello de Viana do Bolo suspende “todos os actos” do Entroido 2021

Esta "difícil decisión tomouse despois de reunirse e informar aos representantes das asociacións que forman o Entroido vianés", segundo indica o alcalde nun bando

 

A través dun bando municipal o Concello de Viana do Bolo vén de anunciar neste 14 de xaneiro a suspensión do conxunto de actos do Entroido 2021. “Debido á grave situación sanitaria xerada polo Covid-19, e despois de reunirse e informar aos representantes das asociacións que forman o Entroido de Viana, tomouse a difícil decisión, de suspender todos os actos previstos para a celebración do Entroido do ano 2021”, sinala o alcalde de Viana do Bolo, Abelardo Carballo.

O rexedor resalta foi unha “unha decisión difícil, aínda que consideramos que agora mesmo, a obriga calquera cargo público, é a de demostrar responsabilidade, tentando preservar a saúde e o benestar dos seus veciños”.

A decisión implica a suspensión por completo “do programa oficial do Entroido de Viana do Bolo para este ano”. Pero así mesmo, matiza o alcalde “seguirase colaborando coas distintas asociacións locais, na organización de pequenos “eventos”, que serán retransmitidos a través das plataformasdixitais habituais, e que servirán para lembrar e rememorar diariamente, os acontecementosmáis representativos do noso Entroido. Asemade, infórmase que a programación da data e ahora de difusión destes eventos, irase comunicando regularmente, a través das distintasredes sociais”.

Ningún caso activo de Covid no municipio de Viana

Neste mesmo bando, o alcalde vianés informa de que, nestes momentos, o municipio de Viana non conta con ningún caso activo de Covid-19, pero reitera a necesidade de “manter e extremar as medidas de protección habituais” fronte ao coronavirus.

Ademais, lembra as novas medidas recollidas na Orde do 13 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 dedecembro de 2020, que entrarán en vigor a partires das 00:00h dovenres, 15 de xaneiro.

O bando municipal pode consultarse aquí:

BANDO NOVAS RESTRICIÓNS 14-01-2020 E SUSPENSION ENTROIDO

Artigos relacionados

Back to top button