ConcellosEn portadaÚltima horaViana do Bolo

O Concello de Viana prohibe o consumo de auga potable no núcleo urbano

O motivo, segundo informa o alcalde, é a rotura dunha balsa de auga no Centro Mineiro de Penouta. Ademais asegura que dende que se detectou esta situación "esta mesma mañá, dende o Concello e, a través da empresa que xestiona o servizo municipal de augas, estase traballando nun novo punto de captación no río Bibei"

 

O alcalde de Viana do Bolo, Abelardo Carballo, vén de emitir na mañá deste 4 de novembro un aviso para informar á veciñanza de que, “desde este momento, queda prohibido o consumo de auga potable no núcleo urbano de Viana ata novo aviso, debido á rotura dunha balsade auga no Centro Mineiro de Penouta”.

Así, no aviso municipal explícas que, “tendo en conta os datos da analítica realizada por Viaqua fai unhas horas, que arroxan un elevado nivel deturbidez que supera o máximo establecido no Real Decreto Lei140/2003 de calidade das Augas, sendo imposible chegados a este punto que os procesos levados a cabo na planta potabilizadora municipal poidan garantir a calidade das mesmas. Poderá utilizarse para fregar ou lavarse pero non para consumir nin cociñar”.

O rexedor vianés indica así mesmo que, “dende que se detectou esta situación nesta mesma mañá, dende o Concello e, a través da empresa que xestiona o servizo municipal de augas, Viaqua; estase traballando nun novo punto de captación no río Bibei”.

Ademais o Concello de Viana do Bolo puxo en coñecemento do Seprona esta situación “esta mesma mañá e, ante a situación descrita, dende Viaqua comunicáronse os feitos a Sanidade. Dende o Concello lamentamos a situación, os prexuízos ácidadanía xerados pola mesma, mais estamos a traballar conxuntamentecon Viaqua e Seprona para resolver o problema o antes posible”.

O aviso pode consultarse aquí:

ALCALDIA 2020-0332 [AVISO AUGAS]

Artigos relacionados

Back to top button