ConcellosÚltima horaViana do Bolo

O Concello de Viana recibe un vehículo de emerxencias doado pola Deputación de Ourense

 

O Concello de Viana do Bolo conta cun novo vehículo de emerxencias, doado pola Deputación de Ourense. Trátase dun Land Rover cun depósito de 450 litros. “Para nós é un vehículo moi cómodo porque ao non ter moito gálibo, permítenos entrar en todos os sitios. Podémoslle acoplar unha coitela no tempo da neve e tamén utilizalo nos incendios, entre usos”, explica o alcalde vianés, Abelardo Carballo.

O rexedor agradece moito esta doazón xa que o vehículo do que dispoñían ata agora era moi antigo e este “vennos a solucionar o día a día”.

 

Artigos relacionados

Back to top button