ConcellosÚltima horaViana do Bolo

O Concello de Viana saca a licitación o subministro dun tractor con 2 máquinas desbrozadoras

Exterior da Casa do Concello de Viana do Bolo.

 

O Concello de Viana do Bolo vén de sacar a licitación o subministro dun vehículo tipo tractor 4X4, con dúas máquinas desbrozadoras, unha de arrastre e outra de brazo. “A contratación deste tractor vén xustificada pola competencia municipal, e obriga, de conservación de camiños e vías rurais e pola prevención e extinción de incendios, por este motivo precisamos dotarnos de maquinaria versátil e precisa. Neste senso, sempre lle correspondeo ao Concello a adopción de medidas en prevención de incendios forestais, así como executar as obras e servizos precisos para conservar e manter o solo e a biomasa vexetal nas condicións adecuadas para evitar incendios”, explica o alcalde de Viana do Bolo, Abelardo Carballo.

Coa compra do tractor e das dúas máquinas desbrozadoras, o Concello de Viana busca conseguir “unha maior eficiencia no mantemento dos nosos camiños e na conservación do ecosistema agroforestal, ao tempo que ofrecemos apoio os veciños/as para manter limpo o contorno das aldeas, sendo conscientes que o Concello de Viana do Bolo é moi extenso e conta cunha poboación a cada paso máis envellecida”, continúa o rexedor vianés.

Ademais Carballo considera que esta adquisición redunda “en beneficio de toda veciñanza” e lamenta as críticas sobre esta compra realizadas polo grupo do BNG no último pleno.

O orzamento neto desta licitación é subvencionado ao 50% pola Deputación Provincial de Ourense e pola Consellería de Medio Rural. “O Concello de Viana do Bolo, pagará soamente o IVE”, concreta o alcalde.

Artigos relacionados

Back to top button