ConcellosEn portadaÚltima horaVilamartín

O Concello de Vilamartín confirma dúas unidades familiares positivas por Covid

Labores de desinfección realizadas anterioremente en Vilamartín./ Foto: Concello de Vilamartín.

 

Tras meses sen positivos, dende o Concello de Vilamartín vén de confirmarse nesta mañá a existencia de novos casos neste municipio valdeorrés. “Dende Sanidade acaban de informarnos de que temos dúas unidades familiares positivas (un total de cinco casos) por COVID19 no noso concello. As persoas xa están seguindo as medidas de confinamento indicadas”, tal e como informa a través dun comunicado o Concello de Vilamartín.

Ademais, dende esta administración local indícase que xa se ten activado o “protocolo pertinente e lembramos que se as familias afectadas necesitan axuda poden poñerse en contacto co concello ou con Protección Civil. Así mesmo xa solicitamos a axuda dos membros de Protección Civil, que nas próximas horas procederán á desinfección de rúas. Así mesmo informámoslles que no Concello estamos á súa disposición para calquera consulta ou necesidade que poida xurdir con relación a este tema”.

Así mesmo, dende o Concello de Vilamartín “pedimos a súa colaboración para atallar este problema o antes posible, polo que deben extremar as precaucións e seguir as recomendacións sanitarias: levando mascarillas cada vez que saian da casa, lavando as mans frecuentemente e evitando xuntarse con outros veciños, ata que remita a situación de alerta actual. Apelamos a responsabilidade e o sentido común, para evitar novos contaxios”.

Artigos relacionados

Back to top button