CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O Concello de Vilamartín imprimirá material escolar para os estudantes que o precisen

 

Despois da nova prórroga do estado de alarma ata o 26 de abril, retrásase novamente a reanudación das clases presenciais, por iso os cativos deben continuar realizando na casa, as tarefas que lles remiten os profesores.

E co fin de facilitarlles o traballo, tamén no Concello de Vilamartín tomaban decisión de poñer a impresora municipal ao servizo do colexio. Segundo informan, quen precise  imprimir material escolar pode envialo ao correo electrónico: concello.vilamartin@eidolocal.es, adxuntando a dirección para que llo fagan chegar ao domicilio.

Artigos relacionados

Back to top button