ConcellosÚltima horaXinzo de Limia

O Concello de Xinzo adicará “todos os recursos posibles dos presupostos de 2021, a axudas pola crise sanitaria”

O Pleno tamén acordou por unanimidade "instar ao resto de administracións a facer esforzos similares"

Concello de Xinzo de Limia.

 

O Concello de Xinzo vén de aprobar por unanimidade no Pleno extraodidinario celebrado na mañá deste 21 de xaneiro, “adicar todos os recursos posibles, no marco dos presupostos de 2021, a axudar aos sectores afectados polos peches, limitacións e restricións horarios derivados da crise sanitaria”.

Este é primeiro acordo dunha batería de iniciativas que pretenden paliar os efectos negativos que a actual situación está a provocar na economía local, polo que tamén por unanimidade se acordou “instar ao resto de administracións a facer esforzos similares”.

En concreto, acordouse que a entidade local “solicite, co respaldo de todos os grupos, liñas de axudas directas tanto á Deputación Provincial, como á Xunta de Galicia e ao Estado para os sectores máis danados pola pandemia e que son estratéxicos para a economía local, como a hostalaría , o comercio local ou a agricultura, entre outros”. Tamén demanda das mesmas administracións partidas económicas para que o Concello de Xinzo poda facer fronte aos gastos derivados da situación creada pola covid-19.

En paralelo, o pleno de hoxe, reunido con carácter extraordinario ante o agravamento da situación epidemiolóxica de Xinzo, acordou pedirlle á Xunta que se “estude a elevada taxa de incidencia do Concello e a comarca e que continúen adoptándose todas as medidas que foran necesarias para protexer a saúde dos veciños e veciñas, así como trasladar todos os acordos ao resto de municipios da bisbarra por si quixeran realizar solicitudes similares”.

De xeito simbólico, os concelleiros e concelleiras de todos os grupos renunciaron a cobrar tanto por este pleno como pola xunta de portavoces do martes pasado (na que se alcanzou o acordo aprobado hoxe) para destinar ese diñeiro a Servicios Sociais.

O pleno extraordinario de hoxe tiña lugar 4 días despois do cribado realizado en Xinzo e comarca a petición do Concello de Xinzo e de que o propio Goberno local decidise recomendar a todos os veciños e veciñas o adiante ás 20:00 horas do toque de queda, así como o peche do comercio local ás 18:00. O nivel de cumprimento de ambas recomendacións está nun 90%, tanto por parte da poboación en canto ao toque de queda como do comercio local no referente ao adianto da hora de peche.

Artigos relacionados

Back to top button