Galerías de fotosOurenseÚltima hora

O Concello denuncia actos vandálicos no parque de Santa Teresita

O valor dos destrozos sobrepasa os 2.000 euros

Novos destrozos no parque infantil de Santa Teresita, en Ourense. O Concello vén de denunciar os “actos vandálicos” producidos neste emprazamento, que ocasionaron estragos por valor duns 2.100 euros, segundo as primeiras estimacións dos técnicos municipais. Dende o goberno municipal recoñecen que esta non é a primeira vez que as brigadas municipais detectan casos de vandalismo neste parque, pero nesta ocasión afectaron a varios puntos da zona de caucho que serve de protección ás caídas na zona de xogos. Así mesmo, tamén causaron danos no muro de pedra que salva o desnivel do terreo e diversas pintadas nos bancos.

Artigos relacionados

Back to top button