DeportesÚltima hora

O Concello do Barco agasalla á selección de ciclismo con viño valdeorrés

Os edís barquenses, co seleccionador nacional de ciclismo no Castro./ Foto: Carlos G. Hervella.
Os edís barquenses, co seleccionador nacional de ciclismo no Castro./ Foto: Carlos G. Hervella.

Como un xesto de agradecemento por ter elixido a comarca, e máis en concreto a vila do Castro, como lugar para concentrarse con motivo do mundial que se celebra en Ponferrada, o Concello do Barco agasallaba á selección española de ciclismo con viño da Denominación de Orixe Valdeorras. Os concelleiros de Deportes, Cultura e Medio Rural, Julio Fernández, Eduardo Ojea e Luis Arias, respectivamente, facíanlle entrega a representantes do equipo nacional, entre eles ao seu seleccionador Javier Mínguez, deste obsequio no Pazo do Castro na noite do 27 de setembro.

Outro dos representantes do equipo español de ciclismo recibindo o agasallo de mans dos concelleiros do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
Outro dos representantes do equipo español de ciclismo recibindo o agasallo de mans dos concelleiros do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button