ConcellosO BarcoÚltima hora

O Concello do Barco anuncia a reapertura da piscina climatizada a partir do 10 de xaneiro

Exterior da piscina climatizada do Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Dende o Concello do Barco vén de emitirse unha nota de prensa na que se indica que, “ante a inminente apertura das instalacións da piscina climatizada do Barco, os interesados en formalizar a súa inscrición para algunha das actividades que se ofertarán deben acudir ás instalacións da propia piscina a partir do venres, 7 de xaneiro. Os horarios de atención aos interesados en formalizar a súa inscrición son os seguintes, desde o día 7: días laborables, de luns a venres, de 10,00 a 12,00 e de 18,00 a 20,00 horas, e os sábados, de 10,00 a 13,00 horas. As inscricións deben facerse de xeito presencial”.

Prevese a reapertura destas instalacións, que permanecían pechadas dende o 2018, ao pasar as festas do Nadal, e dicir, a partir do 10 de xaneiro, “sempre e cando sexa posible pola situación sanitaria”, matiza o concelleiro de Deportes do Barco, Aurentino Alonso.

Tamén se adianta que na “piscina haberá diferentes actividades e posibilidades para os interesados. Entre elas, as seguintes: nado libre e cursos de natación para nenos e adultos, abonos para nenos, adultos e familias, Sala Fitness, actividades en seco e en auga (Aquagym, txr, pilates, areóbic, cicloindoor…).

Ademais, as persoas interesadas poden tamén solicitar información no seguinte mail: info.obarco@aquativos.com .

Artigos relacionados

Back to top button