CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Concello do Barco anuncia a suspensión do conxunto da programación cultural

Cartel no exterior do Teatro Lauro Olmo do Barco informando da suspensión das actividades.

 

Debido ás novas restricións decididas pola Xunta de Galicia para todo o territorio da comunidade, e que inclúen ao Concello do Barco no nivel tres,o Concello do Barco vén de anunciar que se suspende toda actividade cultural programada en recintos pechados.

“A Comisión de Cultura, que se reuniu a partir das 13,30 horas de hoxe, foi informada pola concelleira delegada, Margarida Pizcueta, da conveniencia de suspender as actividades de cine, teatro ou outras programadas ou que se puideran programar, para a súa celebración tanto no Teatro Lauro Olmo como en outros recintos pechados nos que habitualmente se desenvolven este tipo de actos”, tal e como vén de anunciar o Concello do Barco.

Así mesmo, dende esta administración local sinálase que “non parece razoable que a hostalaría peche as portas ás 18,00 horas, e que o Concello programe actividades que na meirande parte dos casos comezan máis tarde”.

 

Artigos relacionados

Back to top button