ConcellosÚltima hora

O Concello do Barco asina o contrato para renovar o alumado público do núcleo urbano

Os traballos realizaranse ao longo do 2020 e suporán un custo final de 760.000 euros

Imaxe do centro do Barco./ Foto: A.R.

Na mañá deste 12 de novembro o Concello do Barco vén de asinar o contrato para a execución Proxecto de Renovación do Alumeado público do Núcleo Urbano da localidade, que permitirá actualizar 34 centros de mando, cableado e 2000 luminarias de tecnoloxía LED, segundo se informa dende esta administración local.

Esta actuación, cofinanciada polo Instituto de Diversificación e Aforro Enerxético (IDAE), tiña un orzamento inicial de 965,000 euros. Finalmente, a adxudicación á empresa Siel Vigo S.L, foi de 760.000 euros. A execución dos traballos realizarase ao longo do ano 2020, e permitirá a renovación da metade das 4.000 luminarias existentes no termo municipal.

Con este proxecto O Barco pretende “mellorar a eficiencia enerxética, coa redución da produción de carbono e unha diminución da factura de consumo eléctrico pola iluminación viaria. Ademais, ao actualizar 34 centros de mando espérase poder acabar con boa parte das avarías rexistradas en varias zonas do casco urbano durante os últimos meses”, segundo o Concello do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button