ConcellosÚltima hora

O Concello do Barco buscará solucións aos problemas do pavimento e das filtracións de auga no casco antigo

Así o aseguraba o alcalde, Alfredo García, respondendo a unha pregunta do concelleiro de Riada Cidadá no pleno do 18 de xullo
Pavimento de pedra no casco antigo do Barco./ Foto: A.R.

Sobre os continuos levantamentos de lousas de pedra do pavimento do casco antigo (principalmente nas rúas San Roque e Real) e tamén sobre as filtracións de auga en vivendas e baixos nesta zona barquense preguntaba o concelleiro de Riada Cidadá, Félix García, na sesión plenaria que o Concello do Barco celebraba o 18 de xullo.

O alcalde, Alfredo García, aseguraba que no caso do pavimento “teremos que tomar unha solución con esas pedras que dan problemas, igual temos que levantar un trozo enteiro da rúa e volvelo a poñer”.

Con relación ás filtracións de auga durante as recentes treboadas que sufría a vila nesta mesma zona, o rexedor barquense lembraba que hai apenas uns meses impermeabilizábase o colector xeral, “pero sabiamos que algunha acometida podía dar algún problema. Os técnicos do Consorcio de Aguas revisarán casa por casa naqueles puntos onde entrou a auga para ver de que acometida se trata. Se é necesario meteremos outra vez a cámara para ver como quedou”.

Artigos relacionados

Back to top button