ConcellosÚltima hora

O Concello do Barco creará un novo parque público na avenida Manuel Quiroga

Realizarase nun solar duns 176 metros cadrados cedido pola familia de Julián Trincado

Solar onde se situará o novo parque do Barco./ Foto: Concello do Barco.

 

O Barco contará cun novo espazo de lecer público. O seu alcalde, Alfredo García, e os herdeiros de Julián Trincado veñen de asinar a cesión gratuíta ao Concello dun solar de 176 metros cadrados situado na avenida Manuel Quiroga número 82 (no que antigamente existía un lavado engrase) no que se creará un parque que se destinará a uso público.

“No solar indicado había un edificio, propiedade da familia de Julián Trincado, que foi derrubado hai aproximadamente un ano. Tras a cesión ao Concello, formalizada en escritura pública ante notario, os
técnicos municipais realizarán un proxecto para a súa execución no próximo ano. No parque instalarase un panel recoñecendo a figura de Julián Trincado, o seu compromiso co Barco e a súa xenerosidade”, segundo o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button