ConcellosO BarcoÚltima hora

O Concello do Barco destinará a obras 933.837 euros do remanente de tesourería

Así mesmo, investiranse 115.000 euros en apoio ao emprego no municipio, segundo anuncia o alcalde

Alfredo García, ao inicio da rolda de prensa./ Foto: A.R.

 

O Concello do Barco vai destinar un total de 1.048.837 euros do remanente de tesourería a obras (933.837 euros) e tamén apoio ao emprego no Barco (115.000 euros). Anunciábao na mañá deste 6 de novembro o alcalde do Barco, Alfredo García, en rolda de prensa. En conxunto prevese realizar un total de 15 intervencións, algunhas delas de contrato menor.

Así as intervencións serán: a mellora de asfaltado e urbanización na Cerámica e Huertas (cun investimento total de 25.652 euros), mellora das rúas Florencio Delgado Gurriarán e Virxe da Barxa (84.270 euros), o asfaltado da rúa Santa Rita (12.190 euros), mellora de infraestruturas na rúa Calabagueiros (50.880 euros), asfaltado estrada Santigoso-Cesures (61.480 euros), remate do Camiño do Cabo en Éntoma (143.100 euros), acondicionamento de Tremiñá (120.310 euros), mellora do camiño Soulecín-Santigoso (48.230 euros), remate da rúa Elena Quiroga na súa marxe dereita (42.400 euros), rúa San Martiño en Viloira (26.016 euros), depósito de augas no Ferradal (37.100 euros), ampliación do vestiario do Campiño de Viloira (14.840 euros), arranxo da rúa Penaguillón (13.250 euros), arranxo e sinalización dunha ruta de sendeirismo (32.648 euros) e arranxo das piscinas municipais ao aire libre (221.472 euros).

 

 

Esta última actuación é ademais a de maior importe e a intención do Concello é que poida estar rematada para o vindeiro verán. “Faremos todo o posible para que así sexa, pero se temos a máis mínima dúbida de que non poida estar rematada para o 15 de xuño aprazaríamos a obra para o 15 de setembro”, matizaba o rexedor barquense.

Esta obra incluiría a elminación dos humedais nos vestiarios, o tellado do edificio, a dotación dos baños independentes para as piscinas e o arranxo do vaso (da piscina grande), entre outras accións.

Artigos relacionados

Back to top button