ConcellosÚltima hora

O Concello do Barco emite un bando informando dos supermercados e farmacias que atenden pedidos por teléfono

Concello do Barco. /Foto: A.R.

 

O Concello do Barco vén de realizar xestións con supermercados e farmacias da localidade e, tras estas conversas, acaba de emitir un bando informativo que recolle os datos dos establecementos que se prestan a recibir encargos por teléfono.

“A idea é conseguir que a xente que pode saír de casa non o faga varias veces aodía coa excusa de ir á compra, e que os que non poden, por razóns fundamentadas, poidan contar con servizos a domicilio”, indican dende o Concello do Barco.

No bando lémbrase que “as compras deben facerse de xeito individual e procurando non ter que facer compras todos os días, para evitar riscos innecesarios. Comunícase a este respecto que as compras non poden ser unha escusa para saír tres veces ao día a rúa, e que este tipo de actitudes poden ser sancionadas. Pero, sobre todo, supoñen un risco importante e innecesario para toda a veciñanza do Barco, onde a día de hoxe xa hai casos confirmados”.

Tras os contactos telefónicos, o Concello confirma no bando que “todas as farmacias do casco urbano atenderán de xeito telefónico aos clientes, co único requisito de facilitar os datos da tarxeta sanitaria, e tamén proporcionarán a medicación as persoas que os clientes autoricen previamente”.

Ademais apórtanse os teléfonos das farmacias do Barco de Valdeorras:
-Farmacia Gurriarán: 988320081
-Farmacia Darío: 988325105
-Farmacia Nieves:988320375
-Farmacia Malecón: 988684541
-Farmacia Viloira: 988326188

No referido aos supermercados e tendas de alimentación, o Concello do Barco indica no bando que os que seguen a continuación amosáronse dacordo “en atender pedidos por teléfono a persoas con necesidades especiais (de avanzada idade, con dificultades de mobilidade ou con enfermidades), e facer a entrega das compras no domicilio”:

-Supermercado Froiz: 988347205
-Supermercado Gavela: 988322188
-Supermercado Covirán (Corzo): 988320758
-Supermercado El Rincón: 655385989
-Estrella e Hijas: 988325559

 

O bando íntegro pode consultarse aquí:covid5

Artigos relacionados

Back to top button