Concellos

O Concello do Barco entrega o recadado no mercadiño de Nadal a Disvalia

Foto: Mónica G. Bellver
Foto: Mónica G. Bellver

Un total de 382 euros. Esta é a cantidade reunida no stand de doces co que o Concello do Barco participaba no mercadiño de Nadal celebrado a mediados de decembro na vila. Cada ano o recadado dóase a unha entidade benéfica do municipio, que neste caso foi Disvalia (Persoas con Discapacidade de Valdeorras Asociadas). A entrega do cheque tiña lugar na mañá do 9 de xaneiro no Concello do Barco, nun acto no que estaban presentes o alcalde barquense, Alfredo García, e a concelleira de Comercio, Irene Dacal, así como representantes de Disvalia.

Foto: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button