Xa se coñecen os nomes dos ganadores do Concurso de Maios e Coplas do Barco que, nesta edición, tiña un carácter virtual. “Tendo en conta as categorías establecidas nas bases do concurso, as inscricións realizadas e os contidos enviados, e, como queira que, en tempo e forma tan só houbo inscricións en tres categorías, e un só concursante en cada unha delas, non se considerou necesario constituír xurado”, explican dende o Concello do Barco.
Por este motivo, a Concellería de Cultura e Educación acordou “resolver o concurso, asignándolles os premios directamente ás persoas ou entidades que se indican a continuación, quedando desertos os restantes participantes:
Maio tradicional, enxebre ou artístico (vídeo ou foto):
· Primeiro e único premio: vale de 200 euros:
MANUEL CARAMÉS VARELA / MAIO DA RIANDOLA
Coplas cantadas (texto e vídeo):
· Primeiro e único premio: vale de 100 euros:
ANPA ATURUXO DO CEIP JULIO GURRIARÁN
Coplas escritas (texto ou meme):
· Primeiro e único premio: vale de 75 euros:
MANUEL CARAMÉS VARELA / MAIO DA RIANDOLA