ConcellosO BarcoÚltima hora

O Concello do Barco iluminará a súa fachada de violeta para conmemorar o 25N

Exterior da Casa Consistorial do Barco./ Foto: A.R.

 

Dende o Concello do Barco vén de darse a coñecer o programa de actos para conmemorar o 25 de novembro, “Día contra a Violencia de Xénero”. “Debido ao Covid, non haberá concentracións e as actividades desenvolveraas cada un no seu posto de traballo, centro escolar, etc…”. Ademais para este venres 20 de novembro, ás 20,30 horas, está prevista no Teatro “Lauro Olmo” a representación dáa obra “Invisibles”.

Así mesmo, o Concello propón que na semana do 23 ao 27 de novembro, “toda a veciñanza poña a camiseta Valdeorras en Negro en todas as súas actividades”. Ademais o Concello iluminará a súa fachada de violeta nas noites dous días 24 e 25, e colgará lanternas en memoria de cada unha dás mulleres asasinadas.

Tamén está previsto gardar un minuto de silencio o día 25, ás 12horas, ante as portas de institucións, centros de ensino, lugares de traballo, etc… “Ese día, darase lectura a un manifesto do Concello, consensuado polos catro partidos que integran a Corporación, de rexeitamento á violencia de xénero.

Artigos relacionados

Back to top button