ConcellosO BarcoÚltima hora

O Concello do Barco iluminarase de azul polo Día Mundial de Concienciación Sobre o Autismo

A fachada da casa consistorial permanecerá iluminada dende esta tarde ata o domingo, 3 de abril

Fachada do Concello do Barco./ Foto cedida.

 

Mañá, sábado 2 de abril, celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo e, desde Autismo España, confederación de ámbito estatal que representa ás persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e as súas familias, xunto ás súas entidades membro, como a Asociación Autismo Ourense, promoveron a iluminación en azul de edificios e monumentos de toda España, no marco da iniciativa mundial Light It Up Blue (Ilumínao de azul). Unha iniciativa á que se suma o Concello do Barco de Valdeorras que iluminará de azul a Casa Consistorial desde esta tarde ata o domingo, 3 de abril.

O reto da asociación para 2022 é alcanzar os 450 edificios e monumentos iluminados de azul. O ano pasado sumáronse máis de 400, algúns tan emblemáticos como o Congreso dos Deputados e o Senado; a Fonte de Cibeles e a Real Casa de Correos, en Madrid; a Sacra Familia, o Museo de Arte Contemporánea de Barcelona e o Gran Teatre do Liceu, en Barcelona; o Ponte da constitución de 1812, en Cádiz; a Torre de Hércules, na Coruña; o Acueduto de Segovia; o Parlamento de Andalucía; a Muralla de Lugo ou a Ponte Romana e o Templo de Diana, en Mérida.

Artigos relacionados

Back to top button