ConcellosÚltima hora

O Concello do Barco impermeabilizará con poliéster o saneamento de tres rúas do casco vello

A intervención, que suporá un investimento duns 101.427 euros, levarase a cabo nas rúas San Roque, Real e San Mauro
Imaxe da rúa Real, no casco vello do Barco./ Foto: A.R.

“É unha obra importante que non se vai ver, pero si que se vai notar”. Deste xeito alude o alcalde do Barco, Alfredo García, ao proxecto de impermeabilización con poliéster do saneamento de boa parte do casco antigo do Barco. “Comprobamos que hai filtracións que terminan indo ás casas e ante isto temos pensado aplicar un sistema novidoso cunhas máquinas que se introducen polos pozos e que fan unha impermeabilización con poliéster”, asegura o rexedor.

As rúas nas que se prevé levar a cabo esta intervención son as de San Mauro, Real e San Roque. En total a actuación suporá un investimento duns 101.427 euros. Esta é unha das obras que figura no plan de inversións con cargo ao superávit do 2017, que se incluirá dentro do proxecto de orzamentos do Barco do 2018 e que será levado a pleno a mediados de abril.

Artigos relacionados

Back to top button