ConcellosO BarcoÚltima hora

O Concello do Barco licita a obra de mellora do camiño a Santa Mariña

Exterior da Casa Consistorial do Barco./ Foto: A.R.

 

O Concello do Barco de Valdeorras vén de sacar a licitación a través da páxina de Contratos Públicos de Galicia, a obra “Mellora camiño a Santa Mariña” na súa cuarta. Unha actuación que conta cun presuposto estimado de 50.551,38 euros IVE incluído e que será financiada con cargo á subvención do Agader Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022.

O obxecto do proxecto consiste principalmente na mellora do camiño que une os núcleos de Santigoso e Santa Mariña, de titularidade municipal, mediante a mellora do pavimento entre os PK 2.49 e PK 3.60, eliminando así os problemas de inseguridade e insalubridade que se orixinan no camiño existente, sendo este camiño a vía principal de acceso ás localidades e ás terras de cultivo dos habitantes destes núcleos.

A mellora consiste basicamente nun reforzo do firme existente coa incorporación de unha nova capa máis axeitada ás características do tráfico rodado que soporta en este tramo, e procederase a pavimentación, limpeza e refino de bordos e perfilado de cuneta lateral, así como á limpeza dos caños existentes, para mellorar a drenaxe das augas pluviais do camiño.

Las empresas interesadas poden presentar a súa oferta hata o  20 de agosto a través da plataforma dixital: Contratos Públicos de Galicia

Artigos relacionados

Back to top button