ConcellosO BarcoÚltima hora

O Concello do Barco mellora a iluminación dos pasos de peóns da avenida Conde Fenosa

 

Buscando mellorar a visibilidade nocturna nos pasos de peóns da avenida Conde Fenosa, unha das arterias principais do Barco, o Concello vén de instalar focos LED neles. En concreto, esta mellor iluminación pode verse, polo de agora, nos pasos de peóns situados xunto ao Centro de Saúde, nas proximidades do pavillón de Calabagueiros (xa na avenida de Galicia) e na da rotonda desta mesma zona.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button