ConcellosÚltima hora

O Concello do Barco pídelle aos donos de cans que cumpran a normativa de recollida de feces

Ademais lembra á veciñanza que as luvas non deben acabar no chan despois do seu uso

 

O Concello do Barco ten detectado que bastantes donos de cans aproveitan a pouco afluencia de persoas nas rúas, neste estado de alarma, para “olvidarse” de recoller as cacas das súas mascotas. Tamén se ten advertido que hai persoas que tirar o chan as luvas que utilizan para facer a compra ou outras actividades.

“É preciso que a veciñanza cumpra coas súas obrigas neste senso”, di o alcalde barquense, Alfredo García, “porque se non logramos ter unha certa disciplina cidadana neste sentido, non conseguiremos o obxectivo que temos todos, e que é acabar cos contaxios do Covid”.

Esta actitude resulta “absolutamente irresponsable, especialmente tendo en conta que, nesta situación, todos debemos colaborar para evitar, na medida do posible, que se rexistren contaxios entre a poboación do Barco”, indican dende o Concello.

Ademais dende esta administración local incídese en que “mentres os donos dos cans son, agora mesmo, uns privilexiados que poden saír á rúa varias veces ao día para que as súas mascotas poidan facer as súas necesidades, os empregados dos servizos de limpeza, obrigados a traballar porque son de primeira necesidade, teñen que retirar grandes cantidades de excrementos de cans. E o resto dos veciños que deben traballar o saír de forma obrigada teñen que soportar a falta de responsabilidade de algúns donos de cans”.

Esta actitude “irresponsable e absolutamente insolidaria co resto dos veciños está prexudicándonos a todos. Por elo, vólvese a recordar que os cans poden saír á rúa, preto do domicilio dos donos, o tempo necesario para que fagan as súas necesidades. Deben saír con correa, e é obrigatorio que os donos recollan os excrementos e que os depositen nos contedores de lixo. Lémbrase tamén que a normativa establece sancións para aqueles que incumpran con elo”, aseguran dende o Concello.

Tamén no caso das luvas, indícase que deben depositarse nos contedores de lixo, xa que “de pouco sirve que se usen estes sistemas de protección, para logo contaminar as rúas ao tiralos o chan”.

Artigos relacionados

Back to top button