ConcellosO Barco

O Concello do Barco prepara un acto de recoñecemento ao atleta Luis Nogueira

O concelleiro de Deportes do Barco, Aurentino Alonso, e o alcalade, Alfredo García, na presentación do galego de clubs de atletismo./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende o Concello do Barco estase a preparar nun acto de homenaxe ao atletas valdeorrés Luis Nogueira, falecido a primeiros de abril. Así o anunciaban o alcalde e o concelleiro de Deportes, Alfredo García e Aurentino Alonso, respectivamente, esta mañá no acto de presentación do Campionato de Galicia de clubs en pista, previsto para o 17 de abril no Barco e que estará adicado ao lanzador de xavelina vilamartinés.

“Luis Nogueira é un deportista para o que non hai palabras para definir a súa traxectoria. Dende o Concello estamos traballando nunha homenaxe máis popular, cando as circunstancias así o permitan”, anunciaba Alonso.

De maneira semellante se manifestaba o rexedor barquense, aludindo á triste perda de Nogueira que, para nós, é un referente dende o punto de vista deportivo, do atletismo, pero sobre todo e por riba de todo dende o punto de vista da persoa. No Concello queremos tamén ter un acto de homenaxe para este atleta, pero decidimos no seu momento, aos poucos días do seu pasamento, demoralo. Queremos que esa homenaxe sexa con público, coa presenza dos seus amigos, dos seus compañeiros e da súa familia, e mentres iso non sexa posible, imos esperar”.

Máis información:
https://osil.info/o-galego-de-clubs-homenaxe-a-luis-nogueira-reunira-a-300-atletas-no-barco-o-sabado/

Artigos relacionados

Back to top button