ConcellosO BarcoÚltima hora

O Concello do Barco presenta o programa de actos para celebrar o Día da Muller

 

Cine e teatro. Son os contidos principais do programa de actividades que vén de dar a coñecer o Concello do Barco para celebrar o Día da Muller, o vindeiro 8 de marzo.

Os actos previstos son os seguintes:

Do 4 ao 28 de marzo

*Ciclo de cine “MULLERES NO CINE”: Coa colaboración do Cineclube Groucho Marx.

Xoves 4 e domingo 7 de marzo: Una pastelería en Nothing Hill

Xoves 11 e domingo 14 de marzo: Madame Curie

Xoves 18 e domingo 21 de marzo: El arte de volver

Xoves 25 e domingo 28 de marzo: Manual de la buena esposa

Venres 5 de marzo

*Representación teatral: “Crónica dunha heterosexual insatisfeita” Dirección: Mª Ángeles Iglesias .Vervederas Expresiones Artísticas. Coproducción do Centro Dramático Galego.

Posteriormente manterase un breve faladoiro entre as asistentes

A entrada será con invitación. (Poderán recollerse no Concello Vello, entre as 14-15 horas, dende o 1 ao 4 de marzo). Ata completar aforo.

Luns 8 de marzo:

Lectura dun manifesto institucional na Praza do Concello con motivo do día da Muller ás 12h.

Artigos relacionados

Back to top button