ConcellosÚltima hora

O Concello do Barco reabrirá o luns as oficinas municipais para varios servizos, con cita previa

Ademais, na entrada dos dous edificios municipais haberá persoal para informar á veciñanza sobre a cita previa e a situación de cada un dos servizos e das súas citas e para garantir que se cumpren as normas de prevención sanitaria aínda vixentes

Exterior da Casa Consistorial do Barco./ Foto: A.R.

 

A partir do vindeiro luns 1 de xuño, o Concello do Barco volve abrir as oficinas municipais ao público para a atención nos servizos de Rexistro, Estatística (Padrón), Tesourería, Recadación, Alteracións catastrais, Servizos Sociais, Emprego e Alcaldía, tal e como se informa dende esta administración local.

Ademais, o Concello do Barco matiza que, “salvo en Rexistro (aberto de 9h a 14 h), en todos os demais será necesario solicitar cita previa”, coas seguintes posibilidades en cada un dos servizos que abrirán a atención ao público:

1.- Estatística (Padrón de habitantes)
Solicitude de cita por teléfono, chamando ao 988320202, Extensión 1114 Solicitude de cita na páxina web: https://sede.concellodobarco.org/index.php?id=alta_cita

2.-Tesourería
Solicitude de cita por teléfono, chamando ao 988320202, Extensión 1120 Solicitude de cita na páxina web: https://sede.concellodobarco.org/index.php?id=alta_cita

3.- Recadación
Solicitude de cita por teléfono, chamando ao 988320202. Extensión 1127 Solicitude de cita na páxina web: https://sede.concellodobarco.org/index.php?id=alta_cita

4.- Alteracións Catastrais
Solicitude de cita por teléfono, chamando ao 988320202. Extensión 1124 Solicitude de cita na páxina web: https://sede.concellodobarco.org/index.php?id=alta_cita

5.- Servizos Sociais
Solicitude de cita por teléfono, chamando ao 988320202. Extensións 2161, 2162 e 2163

6.-Emprego
Solicitude de cita por teléfono, chamando ao 988320202. Extensión 2166

7.-Alcaldía
Solicitude de cita por teléfono, chamando ao 988320202. Extensión 1123

A petición de cita está aberta desde mañá venres, 29 de maio, tanto de xeito telefónico como na páxina web do Concello do Barco.

“O sistema de citas na web e moi sinxelo, co fin de que a veciñanza non teña problemas para facer a solicitude”, indican dende o Concello. Ademais, na entrada dos dous edificios municipais haberá persoal do Concello para informar á veciñanza sobre a cita previa e a situación de cada un dos servizos e das súas citas e para garantir que se cumpren as normas de prevención sanitaria aínda vixentes.

Artigos relacionados

Back to top button