ConcellosÚltima hora

O Concello do Barco realiza labores de desinfección en todos os seus núcleos de poboación

Ademais dende este Concello agradécese de xeito destacado o labor altruísta dos "veciños que colaboran, con cubas, para realizar o traballo"

 

Dende hai varias semanas o Concello do Barco está a realizar, a través da empresa FCC, tarefas de desinfección de vías públicas no casco urbano do Barco. Ademais, dende hai uns días tamén se fixeron este tipo de traballos en Éntoma, e dende este mércores estanse a desenvolver no resto de poboacións do municipio.

“Os traballos de desinfección nos pobos lévanse a cabo con cubas das que habitualmente se usan para a aplicación de fitosanitarios en viñedos, xa que os vehículos que se usan no Barco teñen dificultades para acceder a moitas das localidades. Neste caso, a desinfección pode realizarse grazas á colaboración de veciños que puxeron a súa maquinaria, o seu tempo e o seu traballo a disposición do Concello”, tal e como destaca o Concello do Barco.

O goberno local entrégalles a solución desinfectante, con instrucións da concentración que se debe utilizar, e os voluntarios levan a cabo o traballo.

No caso de Éntoma “fixo a desinfección Óscar Díaz cunha cuba da súa propiedade. Hoxe, e con maquinaria de Bodegas Roandi, fíxose a desinfección nas urbanizacións A Lamela, Martaguisela, Las Huertas, Dona Mencía e A Cerámica, e as localidades de A Proba, Veigamuiños, Tremiñá, Xagoaza, O Castro, Outarelo, Veigadecabo, e
Vilanova. Entre esta tarde e mañá, realizarase o traballo no resto de poboacións do municipio: en Santigoso e Santa Mariña, hai que agradecer o traballo a Paco Fernández Fernández, de reforestacións; en Coedo, Santurxo, Millarouso, Alixo e Raxoá, farao Ángel Doporto; en Vilariño, Castro de Vilariño e Soulecín ofreceuse Pancho (de O Castro); e en Vales, Cesures e Fervenza contouse co traballo de
Quino”, sinala o Concello do Barco. Tamén acudía o camión do GES Valdeorras.

 

 

Ademais esta administración local agradece “a disposición e xenerosidade deste
veciños para realizar estes traballos de xeito altruísta, nun momento especialmente difícil para todos. Trátase dunha situación moi complicada, na que a súa apartación desinteresada para facer estas tarefas que benefician a toda a veciñanza debe ser
especialmente valorada”.

Artigos relacionados

Back to top button
Close