ConcellosÚltima hora

O Concello do Barco realizará a limpeza das rabazas do Sil na tarde do 2 de agosto

Rabazas no río Sil ao seu paso polo Barco./ Foto: A.R.

A limpeza das rabazas que enchen o cauce do río Sil ao seu paso polo Barco xa ten data. Está prevista para o xoves 2 de agosto a partires das 17h. Así se vén de anunciar dende o Concello do Barco, que solicitaba permiso para realizar estes labores á Confedración Hidrográfica Miño-Sil o pasado 30 de xullo.

Ademais o Concello solicitará, “como outros anos, a colaboración dos pescadores, o club de piragüismo e veciños en xeral para que a retirada de rabazas se realice da forma máis rápida posible”.

Artigos relacionados

Back to top button