ConcellosÚltima hora

O Concello do Barco repartirá novos composteiros entre os veciños que os soliciten

A iniciativa enmárcase na I campaña provincial de Compostaxe Doméstica
Un dos composteiros domésticos entregados na anterior campaña municipal./ Foto: Mónica G. Bellver.

O compromiso do Concello do Barco de Valdeorras coa compostaxe de residuos orgánicos é un feito, e agora continuará o labor dentro da I campaña Provincial de Compostaxe Doméstica que levan a cabo SOGAMA e a Deputación Provincial de Ourense dirixida a toda a cidadanía dos concellos da provincia de Ourense, exceptuando a capitalidade. Segundo as palabras do alcalde Alfredo García, “o obxectivo principal desta campaña é evitar botar ao lixo restos orgánicos que serven para crear compost de calidade para empregar na horta ou no xardín porque a reciclaxe destes residuos é un compromiso no que fai tempo que traballaba o concello do Barco que ten realizado xa diferentes campañas de compostaxe domésticas nas que se teñen entregado máis de 200 composteiros”.

Os requisitos para a recibir os composteiros son ter a primeira residencia nun concello da provincia de Ourense, agás a capital, e contar con polo menos 50 metros cadrados de horta ou xardín. No caso concreto do concello do Barco os 30 composteiros que está previsto entregar de forma inicial comezarán a ser repartidos pola listaxe de solicitudes pendentes de anteriores campañas municipais (en torno a 10 persoas) e o resto serán entregados por estrito orde de entrada das solicitudes. Aínda que a previsión inicial é a entrega de 30 composteiros cabe a posibilidade de contar con máis unidades.

Artigos relacionados

Back to top button