ConcellosÚltima hora

O Concello do Barco saca a concurso o asfaltado da Raña a Vales por importe de 88.379 euros

Tamén vén de licitar a obra de retranqueo da rúa Vilabril en Viloira cun orzamento de 59.421 euros
Polígono da Raña.

Dende o Concello veñen de sacarse a concurso dúas obras. Unha delas é a obra de asfaltado da estrada que vai do polígono da Raña ata Vales, por un importe de 88.379 euros (IVE incluído). O prazo de presentación de ofertas estará aberto ata o día de 10 de decembro.

Ademais o Concello acaba de sacar a licitación a obra de retranqueo da rúa Vilabril en Viloira, por un orzamento de 59.421 euros (IVE incluído) e cun prazo de presentación de ofertas que concluirá o vindeiro 17 de decembro.

Artigos relacionados

Back to top button