En portadaÚltima hora

O Concello do Barco solicita permiso á confederación para limpar as rabazas do río Sil

Rabazas no río Sil, na praia fluvial do Malecón (O Barco)./ Foto: A.R.

Na mañá do 30 de xullo o Concello do Barco vén de remitir un escrito á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil solicitándolle autorización para a retirada de rabazas no cauce do río Sil, ao seu paso por este municipio.

Tal e como ten publicado o periódico dixital www.osil.info hai uns días, a baixada do caudal do Sil fixo moitos máis evidentes as numerosas plantas deste tipo que están no cauce do río e cuxa retirada pedían os bañistas do Malecón. “Na solicitude cursada á Confederación especificouse que a retirada realizarase con medios exclusivamente manuais, sen uso de maquinaria”, segundo informa o Concello do Barco.

Ademais o Concello ten a intención de solicitar, “como outros anos, a colaboración dos pescadores, o club de piragüismo e veciños en xeral para que a retirada de rabazas se realice da forma máis rápida posible”. Unha vez que esta administración local reciba a resposta da confederación, “marcaremos o día de inicio da actividade”.

Artigos relacionados

Back to top button