O Concello de O Bolo segue apostando pola prevención na loita fronte ao Covid-19. Así, na mañá deste 11 de novembro o seu alcalde, Manuel Corzo, facíalle entrega á dirección do CEIP do Bolo dun total de 3.600 mascarillas infantís para repartir entre o seu alumnado. Este material de protección foi adquirido na farmacia deste mesmo municipio.