ConcellosÚltima hora

O Concello e Protección Civil felicitan o aniversario a Juan Bouzo na Residencia do Maior de Castro Caldelas

É un dos tres anciáns que non se contaxiou na residencia e vén de cumprir 98 anos

 

Juan Bouzo é un dos únicos tres residentes da Residencia do Maior de Castro Caldelas que non foi infectado de Covid-19 e no día en cumpriu 98 anos era sorprendido polo Concello e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

A propia alcaldesa Sara Inés Vega, coa colaboración da directora e persoal do centro, e coa axuda do presidente e voluntarios de Protección Civil, sorprendían a Juan ás portas da resindencia para felicitarlle o aniversario. Música, obsequios e alegría neste sinxelo pero emotivo encontro.

 

Juan Bouzo vén de cumprir 98 anos.

 

Dende o Concello aseguran que Juan é “un home conversador, lúcido, cunha vitalidade física envidiable. Sen dúbida un exemplo de que a xuventude lévase sobre todo no corazón”. Nestes difíciles momentos (xa faleceron 4 residentes) “este é o exemplo de que a idade cronolóxica moitas veces non coincide coa idade biolóxica”, asegura a alcaldesa, desexando de corazón un bo aniversario ao seu veciño.

Fotos e vídeo: Concello de Castro Caldelas

 

Artigos relacionados

Back to top button