ConcellosGalerías de fotosSen categorizar

O Concello entrega os premios da Semana da Natureza do Barco

A XIX edición do programa contou coa participación de máis de 1.700 nenos

O Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, acollía na tarde do 11 de xuño, a entrega de premios da XIX Semana da Natureza organizada dende o departamento de Medio Ambiente do concello barquense.

O programa, que se desenvolveu longo do mes de maio, contou coa participación de alumnos dos colexios Julio Gurriarán, Otero Pedrayo, Condesa de Fenosa e Divina Pastora e dos institutos Lauro Olmo e Martaguisela.

Dos 1.760 nenos que participaron nas actividades, 670 fixérono nos concursos, entregando traballos nas diferentes modalidades: video, redacción, debuxo, escultura feita con material reciclado e fotografía.

O alcalde do Barco Alfredo García e o concelleiro de Medio Ambiente Aurentino Alonso, foron os encargados de entregar os premios emplazando aos nenos ao vindeiro ano.

Foto: Carlos G. Hervella
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button