OurenseÚltima hora

O Concello lanza un proxecto online que achegará a ciencia a nenos e familias de Ourense

A actividade desenvolverase todos os xoves ás 17h. a través da canle de Youtube da Concellería de Medio Ambiente, co fin de incentivar a ciencia desde unha perspectiva divertida e á vez rigorosa.

 

Co fin de “axudar as familias e divertir os nenos aprendendo”, a Concellería de Medio Ambiente de Ourense, en colaboración co grupo Big Van Ciencia, lanza un novo proxecto educativo online que tamén aposta por ofrecer recursos de educación científica en liña para reforzar os procesos educativos e seren un elemento de axuda para os educadores da cidade.

Cada xoves, lanzaranse un novo programa onde a ciencia e o humor se unen para entreter e divertir a toda a familia. A actividade poderá visualizarse, en aberto e de forma gratuíta, na canle de Youtube da Concellería de Medio Ambiente. Ao principio coñeceranse aos personaxes e, posteriormente, aprenderanse conceptos chave de ciencia á vez que s experimenta con obxectos e líquidos que hai na casa. “Cada semana exporase, xunto co vídeo, un reto científico para realizar en familia e para que os máis pequenos da casa o resolvan, se graven explicando como o fixeron, e envíen o resultado ao enderezo electrónico: concelleria.medioambiente@gmail.com”, explican dende o Concello.

Para o concelleiro Jorge Pumar, esta idea xorde cun dobre obxectivo: “Servir de axuda para os pais, nestes días tan difíciles e, á vez, divertir aos máis pequenos da casa cunha actividade entretida e educativa”, tentando darlles resposta ás necesidades cambiantes propias dunha situación de crise sanitaria coma a que estamos a vivir. “É, ademais, unha ferramenta excelente para educadores, pais e nais que queiran compartir espazos de ciencia e diversión cos seus pequenos”, dixo.

 

Artigos relacionados

Back to top button