ConcellosParada de SilSoberÚltima hora

O Concello Parada de Sil, recoñecido coa “Bandeira Verde de Galicia”

Tamén resultaba distinguido outro municipio da Ribeira Sacra, o de Sober

 

Parada de Sil é un dos concellos nove galegos que veñen de recibir a distinción de Bandeira Verde de Galicia. Trátase dun galardón que “recoñece o seu esforzo e a súa implicación, así como dos seus veciños, na protección dos elementos máis representativos da Comunidade galega: a paisaxe e o patrimonio natural”, segundo a Xunta.

Así, ao abeiro da segunda convocatoria, os municipios de Curtis, Ordes, Alfoz, Mondoñedo, Parada de Sil, Outeiro de Rei e Sober acadaban por primeira vez a bandeira verde de Galicia; mentres que Porto do Son e Moaña revalidaban este recoñecemento, despois de que na primeira edición –a de 2020- foran os primeiros e únicos concellos que ondearon o distintivo. No caso dos municipios da Ribeira Sacra, o galardón era recollido polo alcalde en funcións de Parada de Sil, Francisco Magide, e polo alcalde de Sober, Luis Fernández.

Este recoñecemento, creado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, distinguese ás entidades locais máis dinámicas neste eido, desenvolvendo boas prácticas para o coidado da súa contorna, o respecto á paisaxe, a redución das súas emisións de CO2, o fomento da correcta xestión do lixo, a adopción de medidas para garantir a integridade e limpeza de espazos de interese, a posta en valor de monumentos naturais ou a redución do consumo enerxético.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button