OurenseÚltima hora

O Concello prevé amortizar a débeda co superávit para chegar ao obxectivo de “débeda cero” no 2017

A Xunta de Goberno Local aprobou a contratación, en proceso aberto, do son das Festas de Ourense por un importe de 58.000 euros
O orzamento para os concertos das Festas na Praza Maior é de 30.000 euros. 

O Concello de Ourense aprobou hoxe, 27 de abril, en Xunta de Goberno, unha modificación de orzamento con cargo ao remanente de tesourería para amortizar a débeda. O total de financiamento ascende aos 6 millóns de euros polo superávit nas contas, anunciou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. Segundo dixo o rexedor, en 2014 era de 24 millóns de euros. “Esta cantidade súmase aos algo máis de 4 millóns que sa contempla o Orzamento de 2014, que é o que actualmente temos en vigor por estar prorrogado”, explicou Vázquez, que avanzou que, de ser aprobada en pleno, “o Concello de Ourense alcanzará o seu obxectivo de débeda cero”.

Jesús Vázquez dixo que como xa avanzaran o pasado 31 de marzo “cando fixemos balance de xestión económica, explicamos que un dos aspectos fundamentais foi que se reducira a débeda municipal nun 75%, pasando de 39.317.411 euros o 15 de xuño do 2015 a 10.097.708,07 o 31 de decembro de 2016”. O obxectivo fixado naquel momento, dixo, “foi precisamente alcanzar esa débeda cero”.

Son das festas e cámping de Untes

No eido das contratacións, a Xunta de Goberno Local sacou adiante a aprobación do expediente para contratar, mediante procedemento aberto, o aluguer dos equipos de son, iluminación, vídeo e elementos auxiliares para os concertos das Festas de Ourense. “Falamos dun importe total de 58.000 euros partidos en catro lotes: Praza Maior, 30.000 euros; Xardíns do Posío, 11.000 euros; Praza do Ferro, 11.000 euros; e praza de San Martiño, 10.000 euros”, dixo Jesús Vázquez.

Outro dos expedientes de contratación é o relacionado co cámping de Untes. A Xunta de Goberno Local ourensá declarou caducado o expediente de resolución do contrato asinado polo consistorio para a concesión da explotación de devandita instalación e iníciase un novo procedemento para a Resolución do contrato asinado polo Concello o 15 de maio de 2009, polo que se adxudicou a concesión da xestión a Aspanas Termal S.L.U (como concesionaria de Amencer Reciclado SLU, que foi adxudicataria orixinal). “Neste sentido non poñemos a incautación da fianza prestada neste contrato por importe de 6.000 euros, condicionándose en todo caso a súa devolución a inexistencia de danos e prexuízos que deban ser indemnizados pola concesionaria, para o que se abrirá un procedemento autónomo no seu caso”, explicou Vázquez Abad.

Artigos relacionados

Back to top button