OurenseÚltima hora

O concello subvenciona proxectos xuvenís para menores de 35 anos

O prazo de presentación remata en 20 días.

A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense convoca as axudas en materia de xuventude para o exercicio 2017, logo do seu anuncio no Boletín Oficial da Provincia. O obxecto da presente convocatoria é subvencionar actividades en materia de xuventude dirixidas a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 15 e os 35 anos e que se desenvolvan durante todo o ano 2017. O importe destas axudas é de 15.023,86 €, de conformidade coas bases reguladoras, aprobadas en XGL en sesión ordinaria o dia 4 de febreiro de 2016 e posteriormente publicadas no BOP, o día 1 de marzo de 2016.

Con estas subvencións preténdese fomentar e consolidar a participación dos máis novos na vida social, potenciando a súa capacidade de organización e autonomía dentro dos diferentes ámbitos sociais e facilitando o desenvolvemento de actividades por parte das asociacións xuvenís. A convocatoria serve, ademais, para a racionalización de esforzos conxuntos no ámbito da xuventude, favorecer o asociacionismo e reforzar os lazos de cooperación e solidariedade social entre os novos, as súas organizacións e o resto da sociedade e institucións.

Prazo e modelos de solicitude

As solicitudes de subvención presentaranse no modelo normalizado que se achega coas bases. Os impresos de solicitude da subvención (anexos), así como toda a información necesaria para a súa presentación, serán facilitados pola Concellería de Xuventude e na páxina web do Concello de Ourense [máis INFORMACIÓN]. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais a partir do día seguinte á publicación desta convocatoria no BOP O prazo de presentación é do 6 de xuño ata o 26 de xuño.

As solicitudes deberán dirixirse ao Excmo. Alcalde-Presidente do Concello de Ourense, achegando a documentación solicitada nas bases reguladoras e deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Ourense, sito na Praza Maior nº 1 ou en calquera dos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Artigos relacionados

Back to top button