CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O concerto de Gisela (show de Disney) o 9 de agosto será o prato forte do verán cultural e lúdico na Rúa

A cantante Gisela, voz de Disney en España.

 

Coa chegada do mes de agosto A Rúa prepárase para as súas festas de verán que este ano virán de novo marcadas pola situación sanitaria, cun programa que permita manter e respectar as restricións. Por iso non haberá nin orquestras nin multitudinarios concertos de rock, nin tampouco Baco Festa.

O que si haberá serán charangas que amenizarán as rúas da vila os días 6 (Takicardia), 7 (Louband), 8 (Fuego) e 9 (Charanga TDB), sesións de autocine do Aguillón (o venres 6 proxectarase Bohemian Rhapsody ás 23h.) e mesmo un festival de danza (8 de agosto ás 20:30h.).

Con todo, o prato forte deste verán cultural e lúdico na Rúa, será o concerto previsto para o luns 9 de agosto a partir das 22:30h. na Área Recreativa do Aguillón a cargo de Gisela que achegará o seu espéctaculo musical para desfrute do público familiar, no que interpreta moitos éxitos de Disney.

A apertura de porta será ás 21:45h. e as entradas (2€ están á venda no Concello ou en taquilla no Aguillón a partir das 21h. do día da actuación ata esgotar aforo. Por unha culura segura para rodos, aplicarase o protocolo de medidas fronte ao Covid-19.

 

Artigos relacionados

Back to top button