CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O concerto de Habana Feeling abrirá o ciclo ‘Elas cantan’ na Estación de Montaña Manzaneda

Habana Feeling actuará a vindeira fin de semana na Estación de Montaña Manzaneda.

 

Despois dunha primavera coa estación de montaña como escenario de diferentes probas relacionadas coa bicicleta ou o mototurismo, a música en directo será un novo reclamo para visitar Manzaneda no verán.

O ciclo de voces femininas ‘Elas cantan’ adiántase á última fin de semana de xuño, o día 25, coa actuación do dueto Habana Feeling. Será a primeira das dez actuacións programadas para todos os sábados dos meses de xullo e agosto, cun fío condutor: só participan grupos liderados por mulleres.

Coincidindo co ciclo para a última fin de semana de xuño está prevista a Extrema Manzaneda (unha competición esixente e de gran espectacularidade ao discorrer por un dos teitos de Galicia-)e o Campionato Galego de Pesca en Augas Doces en ciprínidos autóctonos con flotador.

Deporte e música danse a man con propostas de referencia como este ciclo de voces femininas que será un dos grandes atractivos dos sábados de verán na Estación. Sabela Cereijo collerá a testemuña o 2 de xullo, mentres que para o día 9 espérase a actuación de SkaraJazz Quartet. E a música non parará ata as portas do mes de setembro. Law actuará o 16 de xullo; Mar e Fados o 23 de xullo; Carla Lourdes o 30 de xullo; Soul& Roll o 6 de agosto; e Carolina Rubirosa o 20 de agosto.

Artigos relacionados

Back to top button