OurenseÚltima hora

O concerto de Orphelion Ensemble abre o ciclo Enclave de Cámara en Ourense

A actuación do septeto será mañá, 3 de outubro, ás 20h. no Liceo
O Orphelion Ensemble.

O Orphelion Ensemble, septeto de cordas formado por músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia, será o encargado de inaugurar a nova tempada do Enclave de Cámara con obras de Blanc, Nielsen e Beethoven.

Fundado en 1988 en Viena ao redor da actividade musical de Deborah Gonsalves e Berthold Hamburger, O Orphelion Ensemble (antes Artemis Ensemble) realizou numerosos concertos por Europa, Asia e América do Sur, formando diversos conxuntos con intérpretes invitados. O repertorio comprende obras desde a época clásica ata o presente, incluíndo pezas compostas especialmente para a propia agrupación. Actualmente formado por músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia, ampliou o seu repertorio, centrándose no cuarteto de cordas clásico e trío de piano. En Galicia está presente en numerosas localidades, colabora coas máis importantes Sociedades e traballa no fomento da música de compositores galegos.

O concerto será mañá, 3 de outubro, ás 20h. no Liceo de Ourense. As entradas (entre 5 e 8 euros) online á venda en www.ataquilla.com e na billeteira do teatro dende dúas horas antes do concerto.

PROGRAMA

Adolphe Blanc (1828-1885) | Septeto Op. 40 Mi maior (30’)
– Allegro
– Andante (Do maior)
– Scherzo Tarentelle. Allegro vivace (La menor)
-Finale. Andante maestoso (Mi menor) – Alegro moderato (Mi maior)

Carl Nielsen (1865-1931) | Serenata in vano, CNW 69 (10’)
– Allegro non troppo ma brioso (Re menor)
– Un poco adagio (Mi bemol maior)
– Tempo di marcia (Si bemol maior)

Ludwing van Beethoven (1770-1827) | Septimino ou Septeto para ventos e cordas en Mi bemol maior. op. 20 (40’)
– Adagio – Allegro con brio (Mi bemol maior)
– Adagio cantabile (La bemol maior)
– Tempo di menuetto – Trio ((Mi bemol maior)
– Tema con variazioni. Andante (Mi bemol maior)
– Scherzo – Allegro molto e vivace (Mi bemol maior)
–  VI Andante con molto alla marcia – Presto (Mi bemol maior

Artigos relacionados

Back to top button