CulturaCulturaÚltima hora

O concerto de “Two in the Mirror” abre a segunda fin de semana do “Terrasón 2020” no Barco

A actuación tivo lugar o sábado, 1 de agosto, na rúa Abdón Blanco, ás 23:00h

 

O Barco acolleu, este sábado 1 de agosto, o concerto do dúo “Two in the Mirror”, que tivo lugar ás 23:00h na rúa Abdón Blanco. O evento enmárcase dentro do proxecto “Terrasón 2020”, unha iniciativa do Concello do Barco que programa numerosas actuacións musicais ao longo dos meses de agosto e principios de setembro.

O dúo, composto por Noelia Álvarez na voz e Paco Dicenta no baixo eléctrico e os loops, interpretou numerosas versións de cancións de soul, funk, jazz e pop en diferentes idiomas. A seguinte actuación estará a cargo de “Nunca Fuimos Ángeles”, que tocarán na praza de Viloira este domingo, 2 de agosto, a partir das 13:00h.

Artigos relacionados

Back to top button