CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

O concerto “FemininoPlural” abre os actos do “Día da Muller Rural” en Viana do Bolo

Con música vén de iniciar Viana do Bolo na tarde do 14 de outubro os actos para conmemorar o “Día da Muller Rural”, cuxa data propiamente dita é a do 15 de outubro. Así, a Casa da Cultura acollía a partires das 20h. o concerto “FemininoPlural”, no que Silvia Penide e Carla López interpretaban diversas pezas que tiñan ás mulleres como protagonistas.

No repertorio incluíanse coñecidos temas de cantantes galegas como Guadi Galego, españolas como Amaral ou mesmo internacionais como é o caso da mexicana Julieta Venegas. Os actos para celebrar o “Día da Muller Rural” continuarán o luns 15 de outubro con contacontos e o 18 deste mesmo mes cunha proxección documental, entre outras propostas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button