OurenseÚltima hora

O concerto “Vai lavar cabelos na fontana fría”, o 10 de agosto en Ribadavia

O lugar escollido será a Igrexa de Santa María Madalena ás 21:00 horas

A igrexa de Santa María Madalena acollerá o vindeiro 10 de agosto o concerto “Vai lavar cabelos na fontana fría… As orixes da lírica hispánica”. Terá lugar ás 21:00 horas e terá acceso libre. Está dentro do proxectos proxectos Fragmenta e GEOARPAD.

 

Cartel da actividade.

 

“Vai lavar cabelos na fontana fría quere relatar os encontros a través de vías comerciais e de peregrinación, movéndose desde as cantigas que nos chegaron completas (con texto e música) ata aquelas que recibiron melodías ex novo a partir da palabra dos poetas ibéricos dos séculos XIII e XIV, con algunhas incursións significativas na música de alén Pirineos”, afirman dende a organización.

O proxecto Fragmenta, ideado por Sara Maria Fantini e que ten como obxectivo valorar e redescubrir auténticas xoias musicais da Idade Media, inéditas ou esquecidas, entra agora en contacto cun patrimonio artístico diferente do italiano, pero vinculado a el de forma inexorable.

A organización agradece a vontade  e o soporte do proxecto GEOARPAD “Patrimonio cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal: valoración e innovación”, coordinado por Mariña Arbor Aldea.

Artigos relacionados

Back to top button