CulturaCulturaEntroido 2021Última horaVídeos

O concurso de Lardeiros do Fulión Alternativo de Viana xa ten ganadores

A entrega de premios facíase a domicilio botando man do humor propio deste Entroido e da súa banda sonora

 

Resolto o misterio. O Fulion Alternativo de Viana do Bolo vén facer públicos os premios do Concurso de Lardeiros que, por vez primeira convocaban este Entroido cunha gran resposta por parte dos veciños da vila de Viana e tamén das aldeas do municipio.

En total presentábanse medio cento de parellas de Lardeiros entre os que un xurado independente (é dicir, de persoas non integrantes deste fulión) escollía aos tres mellores. “Para o xurado a decisión foi difícil xa que había moita variedade e tamén moita calidade”, destacan dende o Fulión Alternativo.

Así o palmarés do concurso é o seguinte:

 

A entrega de premios tiña lugar na tardiña do Sábado de Entroido dun xeito moi orixinal e, como no podía ser doutro xeito, entroideiro. Algúns dos membros do Alternativo disfrazábanse simulando ser unha canle de televisión, denominada TV Alternativo, que ía retransmitindo nun suposto directo a o acto de entrega a domilicio dos galardóns aos tres premiados, que moi agradecidos, amosaban a súa satisfacción.

O acto completo da entrega pode verse neste vídeo cedido polo Fulión Alternativo:

 

Dende o Fulión Alternativo fan unha valoración moi positiva do resultado deste primeiro concurso. “Quedamos moi contentos co resultado e a partir de agora todos os anos seguiremos organizándoo, con el pretendemos animar á veciñanza a vestir Viana con estos personaxes tan senlleiros do noso Entroido”.

Artigos relacionados

Back to top button