ConcellosÚltima hora

O concurso fotográfico “Olladas de igualdade”, convocado polo Concello da Rúa, chega á V edición

O prazo para entregar as imaxes rematará o 6 de marzo

“Derrubar muros” de Álvaro Rodríguez Pérez. Fotografía gañadora da IV edición do certame./ Foto cedida.

 

Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller o 8 de Marzo e co obxectivo de “visibilizar o traballo da muller tanto o realizado de xeito remunerado como o non remunerado, así como destacar a necesidade da igualdade laboral entre mulleres e homes”, o Concello da Rúa convoca por quinto ano consecutivo, o concurso fotográfico “Olladas de Igualdade”.

A data límite para presentar os orixinais é o 6 de marzo e xa o día 10 farase público o fallo do xurado establecéndose tres premios: un primeiro de 150 euros, un segundo de 75 euros e un terceiro de 50 euros. Ademais, coas fotografías presentadas realizarase unha exposición conxunta no Centro Cultural Avenida.

As bases do concurso poden consultarse na páxina web municipal arua.gal.

Artigos relacionados

Back to top button