ConcellosTrivesÚltima hora

O concurso “Noite Meiga”, un exito de partipación nacional e internacional

Estaba organizado polo Grupo de Radioafeccionados de Trives, o Grupo DX Tierra de Rosalía de Padrón e o Radio Club Fene Alfa Charlie

 

Radioafeccionados de diferentes puntos de España, pero tamén do estranxeiro, compartían a noite do 23 ao 24 de xuño a través dunha iniciativa moi especial: o concurso “Noite Meiga”. Resultaba todo un éxito de participación e contactábase con máis de 500 estacións de radio en todas as modalidades anunciadas.

“Tivemos participantes de moitos lugares de España e tamén de fóra, de países como Ecuador ou Alemaña”, destacan dende o Grupo de Radioafeccionados de Trives, un dos promotores do concurso xunto ao Grupo DX Tierra de Rosalía de Padrón e Radio Club Fene Alfa Charlie.

Nesta ocasión outorgábase un trofeo por cada unha das bandas traballadas, un total de 4: HF, DMR, Canal 37 CB e Canal 3 PMR.

Fotos cedidas.

 

Un dos participantes, de Ecuador.

 

Artigos relacionados

Back to top button