OurenseÚltima hora

O conesionario Luis Aragonés presenta o novo SCENIC cun “Family Fun Day” en Ourense

O concesionario Luís Aragonés y Cía S.L, concesionario Renault e Dacia en Ourense, celebraba o 18 de febreiro o “Family Fun Day”, unha xornada lúdica na que se presentaba o Novo Renault SCENIC. Este vehículo é a “nova xeración do coche familiar, e voltamos con forza a un segmento no que fumos pioneiros, para reinventalo”, destacan dende o concesionario.

Do novo SCENIC resáltanse cuestións como un deseño expresivo e dinámico e a súa seguridade, posúe alerta cambio de carril / asistente mantemento de carril e un detector de ángulo morto, regulador de velocidade adaptativo e unha ampla gama de motores pensados para todas as necesidades.

Para celebrar esta presentación o concesario ourensán encheuse de rapaces, que o pasaron en grande acompañados dos personaxes da Televisión de Galicia “Os Bolechas”. Non faltaban os xogos, as manualidades e tampouco a posibilidade de poder conducir o novo  SCENIC.

Artigos relacionados

Back to top button